Actividades de Bico de Grao
Actividades Millo (comunitarias)
Actividades Millo (comunitarias)
Cursos e obradoiros para toda a comunidade e para formar comunidade (obradoiros de horta, de elaboración de pan, clases semanais de costura e reciclaxe de roupa…)
Actividades Noz (persoais)
Actividades Noz (persoais)
Actividades relacionadas con terapias alternativas e de desenvolvemento persoal (Ioga, Pilates, Consciencia corporal, etc.)
Actividades Castaña (culturais)
Actividades Castaña (culturais)
Presentacións, charlas, teatro, música…
Actividades Faba (redes)
Actividades Faba (redes)
Apoiar redes existentes e crear outras novas fomentando espazos de encontro entre actores sociais. Desenvolvemos actividades con diferentes colectivos na procura de intercambio e o enriquecemento mutuo.
Grupos de consumo
Un grupo de consumo é, comunmente, un conxunto de consumidores que se agrupan para mercar directamente ao produtor alimentos ecolóxicos e de proximidade, evitando os intermediarios, establecendo relacións de confianza entre quen consome e quen produce e apoiando un tipo de relacións mercantís máis xustas e estables. Son autoxestionados e os membros do grupo son os que fan os traballos de xestión, compra, montaxe e distribución das cestas.
No caso de Bico de grao, todas as tarefas de xestión das cestas, dinamización do grupo, relación coas produtoras así como o espazo físico para a recollida, poñémolo nós, traballo polo que levamos unha porcentaxe dun 20% do valor da cesta.
As nosas cestas
Trátase dunha cesta de produto ecolóxico, local, de tempada e fresco (fundamentalmente, verduras) As cestas son pechadas (decide Bico de Grao coas produtoras a composición da cesta semanal e non se pode modificar nada do que leve salvo algún problema de saúde) Hai dous tamaños a escoller: cesta de 5€ e de 10€. Unha media de 75 unidades familiares compoñen o grupo de consumo. A recollida faise os mércores (a tenda está aberta en horario ininterrompido de 11 a 20.30h) no local de Bico de Grao.
Se queres darte de alta no grupo de consumo achégate a coñecernos ou escribe a [email protected]
Se estás interesad@ nas actividades date de alta no newsletter e recibirás información mensual.