Produtos de distinta natureza para adozar.
Adozantes de orixe vexetal, líquidos (xaropes) ou sólidos.
De distintas materias primas como a cana de azucre, ágave, stevia, etc.
Obtidos a través de distintos procesos pero sen refinar.
Os azucres refinados son aqueles que se transforman en distintas etapas dende a materia prima ata o resultado final. O produto é lavado, triturado, cocido, filtrado, evaporado e centrifugado. Polo que, canto máis refinado é un azucre máis cantidade de vitaminas e minerais perde.
A panela elabórase a partires do xarope de cana sen destilar. Non está refinada nin centrifugada polo que contén un elevado porcentaxe de melazas. As impurezas que contén son as que lle aportan esa cor oscura. Tamén contén minerais esenciais como o calcio, potasion, magnesio, cobre e ferro.