Fixenöeu
Bonecos e artigos feitos de diversión, liberdade e amor.
Bonecos e artigos con material téxtil feitos a man con material de refugallo.
Recuperamos todo tipo de prendas que xa non cumpren a función pola que foron creadas para pasar a formar parte de preciosos bonecos e deste xeito darlle outra vida a aquilo que xa non é útil. Reducimos e reutilizamos cosendo bonitas e orixinais creacións para tódolos gustos.
Inspirámonos sobre todo na natureza e nos animais, pero tamén non gusta crear seres imposibles!
Deseños propios pero tamén coa posibilidade de fabricar aquel boneco co que soñache. Ponte en contacto connosco e cóntanos..
Cada boneco é único. É moi dificil conseguir dous exactamente iguais xa que ao usar material de refugallo costa de atopar teas abondo para reproducilos.
Creamos todos os nosos artigos a man.
Cosemos en Galicia, o noso taller está en Lugo, e empregamos materiais mercados, na medida do posible, de orixe local.
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/10.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/9.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/8.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/7.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/5.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/3.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/2.jpg)
![](http://bicodegrao.gal/wp-content/uploads/2016/11/1.jpg)