Política de Envíos, Devolucións e Redes

Política Envíos, Devolucións, Redes

ENVÍOS

Os envíos realizaranse a través TRANSPORTES AUTO RADIO, o seu teléfono de atención á clienta é  982209657.

Os gastos de envío aplicaranse do seguinte xeito:

O prazo de entrega adoita estar comprendido entre 2 e 3 días laborais, segundo a poboación de destino e a forma de pagamento elixida. Enténdese este termo sempre que se teña confirmado a dispoñibilidade da mercadoría e comprobado o pagamento completo do pedido. Bico de Grao non asumirá ningunha responsabilidade cando a entrega do produto ou servizo no chegue a facerse, por ser os datos facilitados pola usuaria falsos, inexactos ou incompletos. A entrega considerarase feita no momento no que o transportista poña os produtos a disposición da usuaria e esta, ou en quen delegase a súa recollida, asine o documento de recepción da entrega.

Corresponde ao Usuario/a verificar os produtos na súa recepción e expoñer todas as reclamacións que poidan estar xustificadas no documento de recepción da entrega.

Soamente se fan envíos dentro da Península.

Os custos do envío (8€) cubriraos o Usuario/a sempre que o pedido sexa inferior a 100€. Se excede desta cantidade, o envío é de balde.

As entregas realizaranse de luns a venres non festivos. Non se fan entregas os sábados, domingos ou festivos. Os pedidos recepcionados a partir do xoves pola tarde, e todo o venres, entregaranse ao seguinte día non festivo (estas condicións son para evitar que os pedidos pasen a fin de semana nos almacéns das empresas de reparto).

Se un artigo non está en stock no momento de realizar o pedido, aboarémolo inmediatamente se o pago se fixo por VISA, e quedaremos á espera de recibir o seu número de conta se o pago foi feito por transferencia.

PAGAMENTO

Unha vez decididos os produtos e gardados no carro, o/a cliente/a acepta iniciar o proceso de compra e pagamento do prezo. Neste momento, o/a usuario/a poderá escoller entre as opcións de pagamento que máis lle interese:

TARXETA DE CRÉDITO

O pagamento faise usando unha conexión segura directamente á  entidade bancaria encargada da transacción. A sociedade contacta co servidor de pagamentos seguros de Caixa Rural Galega. Todos os detalles xestionaranse directamente no sitio Web do Servidor de pagamento, sen que nin a sociedade nin ningún terceiro poida ter acceso a eles.

O servidor de pagamento seguro contactará coa entidade financeira que emitiu a tarxeta e solicitará autorización para efectuar a compra. A continuación o proceso regresará á web de Bico de Grao.

TRANSFERANCIA BANCARIA

Bico de Grao só tramitará os pedidos realizados por transferencia bancaria unha vez verificado o ingreso ao noso favor do total indicado. A transferencia deberá realizarse no seguinte nº de conta: ES32 3070 0030 166141901626 indicando: nome completo e nº de pedido.

Para axilizar o proceso pode enviar unha copia da transferencia emitida polo banco ao  noso correo electrónico: [email protected]. O tempo de entrega do pedido contará a partir da confirmación da recepción da transferencia.

DEVOLUCIÓNS

Se os motivos da reclamación son debidos a situacións de produtos defectuosos, deteriorados no transporte ou produtos que non se corresponden co solicitado no pedido, Bico de Grao correrá cos gastos de devolución e o que xere a reposición do mesmo. En calquera outro caso, os gastos pactaranse co cliente en función das causas da devolución.

O cliente beneficiarase da garantía legal dos vicios ocultos nos produtos vendidos. No obstante, a garantía non será válida se se producen danos debido a un trato incorrecto, se se devolve o produto aberto ou en parte consumido, coa embalaxe en mal estado ou deteriorado. Queda excluída toda a nosa responsabilidade derivada do uso incorrecto dos produtos despois da súa entrega.

Bico de Grao comprobará nas súas instalacións o estado do produto devolto, reservándose o dereito a non realizar o reembolso no caso de detectar que o produto adquirido e o devolto non coinciden ou que a devolución non se fixo conforme ás presentes Condicións de Uso.

BANCA, SEGUROS ÉTICOS e ENERXÍA COOPERATIVA:

Bico de Grao ten servizos contratados con FIARE BANCA ÉTICA, ARÇ SEGUROS ÉTICOS e SOM ENERGIA COOP.

IDEARIO

BICO DE GRAO nace coma un proxecto para aportar á cidade de Lugo un espazo de consumo alternativo en tódalas súas vertentes. Ofrecer a posibilidade de consumir responsablemente e achegarse a coñecer outras formas de vida máis solidaria e respectuosa co medio ambiente.

Nace en 2014 e ten tres eixos de funcionamento fundamental:

  • Tenda de produtos ecolóxicos a granel (fomos a primeira tenda de España destas características), que complementamos cun GRUPO DE CONSUMO (o único da cidade).
  • Realización de actividades afíns á nosa ideoloxía (solidariedade, agroecoloxía, soberanía alimentaria, feminismo…). Ademais de realizar obradoiros no local sobre estas temáticas, tamén impartimos fóra e participamos en diversas actividades de sensibilización.
  • Taller téxtil FIXENÖEU, onde deseñamos e elaboramos, fundamentalmente, bonecos feitos con material de refugallo.

Toda a nosa actividade está decididamente marcada polo traballo en rede con outras entidades, apoio á produción local e á dignificación da profesión agricultora. Formamos parte da Economía Social Galega e participamos en redes tales como REAS (Rede de Economía Alternativa), Espazocoop e Banco de Tempo de Lugo.