Por que a granel? Comercio Xusto? Ecolóxico?

Por que a granel?
Por que Comercio Xusto?
Por que ecolóxico?


A nosa intención é promover alternativas ao modelo socioeconómico actual e ofrecer ferramentas de cambio persoal e social, polo que as liñas de traballo transversais a toda a nosa actividade son: SOBERANÍA ALIMENTARIA, BIODIVERSIDADE, CULTURA, PARTICIPACIÓN SOCIAL e TRABALLO en REDE.

A granel, para que leves só o que precisas e poidas traer o teu envase da casa e así protexas o medio ambiente.

De comercio xusto, porque non cremos nun comercio que non o sexa. Defensa dos dereitos humanos, desenvolvemento económico local, non explotación laboral, respecto medioambiental.

Ecolóxico, porque estamos en contra dos tóxicos na nosa alimentación e na terra que nos dá vida, e loitamos para que iso se faga norma (social e legal).