Por que o facemos?
Constituímos unha cooperativa sen ánimo de lucro para por en marcha un espazo de venda de produtos ecolóxicos a granel e de xestión comunitaria de servizos, co obxectivo de crear un rede de consumo consciente e responsable en Lugo.
Bico de grao pretende ofrecer alternativas sustentables en tódalas súas vertentes polo que ademais da tenda de produtos ecolóxicos a granel e non perecedeiros, temos un espazo para a realización de actividades relacionadas cos valores da cooperativa (Actividades) e outro de deseño téxtil (Fixenöeu).
Decidimos constituírnos como cooperativa sen ánimo de lucro cun dobre obxectivo: A nivel interno, crear emprego colectivo, estable e digno e, a nivel externo, priorizar a maximización dos beneficios sociais e ecolóxicos fronte aos económicos.
