Arroz integral redondo a granel Eco
0,28 €
Prezo para 100g
100gr= 1 unidade
(1kg=4,32€/kg)
O arroz redondo integral conserva a capa de farelo que contén o xerme, o que lle aporta a cor marrón clara.
Recomendamos lavar ben antes de cociñar e se se ten a posiblidade, deixalo en remollo antes de cociñar.
Pódese cociñar con exceso de auga, nunha ola destapada a lume medio alto unhos 25 ou 30 minutos. Ou tamén con tres partes de auga por cada unha de arroz baixando a lume baixiño durante unhos 35 minutos, na ola destapada, e deixándoo reposar 10 minutos máis coa ola tapada para que termine de facerse no seu vapor. Se nos queda algo duro, podemos volver tapar durante 5 minutos máis.
Este arroz de cultivo ecolóxico é fantástico para guisos, salteados, guarnicións, ensaladas, con legumes, verduras, algas…
Arroz integral redondo.
Orixe España
Ecolóxico.
- Descripción
- Valoracións (0)
Descripción
Arroz integral redondo.
Este arroz conserva a capa de farelo que contén o xerme, de aí a súa cor morena clara.
Ten un maior valor nutritivo que o arroz branco, pois estas capas exteriores do gran son ricas en vitaminas do grupo B, vitamina D, magnesio, calcio, potasio e ferro. Ademais, o aroz integral é unha fonte excelente de manganeso. O alto contido en fibra fai que tamén se dixira máis despacio e que produza unha maior sensación de saciedade.
O seu índice glucémico é máis baixo que o arroz branco.
Recoméndase lavalo ben antes de cociñalo e, se é posible, deixalo unhas 4 horas antes a remollo. Pódese cociñar en exceso de auga, nunha ola destapada e a lume medio-alto uns 35-40 minutos. Ou ben, con tres partes de auga por cada unha de arroz baixando ao lume mímino durante uns 35 minutos, en ola destapada, e deixándoo repousar 10 minutos máis coa ola ben tapada para que termine de facer no seu propio vapor. Se quedou duro, pódese volver tapar e deixar outros 5 minutos máis.
Orixe España
Ecolóxico.
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Valoracións
Aínda non hai valoracións.