Liño dourado a granel Eco

0,56 

Prezo para 100g

1ud=100g

1kg=5,57€

Liño dourado ou liñaza (Linum usitatissimum).

Agricultura Ecolóxica.

Orixe: China

 

 

Descripción

Liño dourado ou liñaza (Linum usitatissimum).

Agricultura Ecolóxica.

Orixe: China.

Destaca polo seu alto contido en ácidos graxos Omega-3 e fibra. Considerado coma un súper alimento, ten moitos micronutrientes beneficiosos para o organismo.

Omega-3: Contén ácido alfalinolénico nun 57%. Co que 15 g de sementes  aportan o 135% das necesidades diarias de omega-3 recomendadas. Este aporte axuda a corrixir a descompensación a favor dos omega-6 (que atopamos en aceites e margarinas de xirasol, millo e outras graxas vexetais) na maioría de persoas, o que provoca unha tendencia á inflamación.

Lignanos: Os lignanos son compostos semellantes á fibra —con todos os seus beneficios para a dixestión— que ademais son antioxidantes, pois son polifenoles.

Tamén posúe mucílagos que ao disolverse en auga forman un xel con efecto moi beneficioso sobre o tracto intestinal.

Vitamina B1, un nutriente que participa nos procesos de producción de enerxía a partir dos alimentos e resulta esencial para a saúde do corazón e do sistema nervioso. 

 

 

 

Valoracións

Aínda non hai valoracións.


Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.