Percarbonato de sodio 1kg La droguería Ecológica
6,00 €
Chamado tamén auga osixenada sólida. Os ingredentes proveñen de materias primas naturai e non tóxicas (sal mariño e auga). Unha vez disolto en auga, descomponse en;
- Carbonato de sodio axente limpador (deterxente)
- Peróxido de hidróxeno, branqueador a base de osíxeno.
O percarbonato de sodio non contén cloro nin fosfato que perxudique os ríos. Non contamina e respecta o medio ambiente. Excelente branqueador de roupa.O percarbonator libera osíxeno e actúa como quitamanchas que disolve de xeito rápido e eficaz todo tipo de suciedade (café, viño, herba, suor, sangue…).
É ideal para preservar de xeito natural o branco da roupa. O seu pH alcalino suaviza a auga aumentando así a eficacia do deterxente e disolvendo as materias graxas.
É particularmente apto para lavar pañais lavables e vendas. Tamén ideal para a limpeza do fogar e dos utensilios.
Producido na UE.
Embalaxe de cartón reciclado.
Prezo por unidade
- Descripción
- Valoracións (0)
Descripción
Características técnicas:
- Pó en pequenas partículas, cristalino e branco.
- Soluble en auga; con propiedades deterxentes, desodorantes, quitamanchas e de fixación de cores.
- pH de 10.5 (básico), clasificado GHS03 (comburente), GHS05 (corrosivo) e GHS07 (irritante). Forte poder antioxidante.
- Conservar nun recipiente cerrado, nun lugar ventilado e seco, evitar temperaturas maiores de 40°C e humidade que supere o 75%. Almacenar lonxe da roupa e de materias combustibles. Conservar na embalaxe de orixe unicamente e fóra do alance dos nenos.
Precaucións:
- Pode agravar un incendio: Comburente. Nocivo no caso de inxestión. Provoca lesións oculares graves. Pode ser corrosivo para os metais.
- Ler a etiqueta antes do uso. Levar luvas/gafas/máscara de protección.
- Nunca neutralizar unha solución de carbonato de sodio concentrada cun ácido.
- Problemas de compatibilidade: Non utilizar para utensilios de aluminio. Non aplicar en madeira de carballo ou de castaño.
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Valoracións
Aínda non hai valoracións.