Porcoteixo boneco de trapo Fixenöeu
20,00 €
Boneco de trapo feito con material de refugallo.
Medidas 40cm de alto por 27cm de ancho aproximadamente. Todos os nosos bonecos están elaborados a man polo que as medidas poden variar lixeiramente dun boneco a outro.
Teas exteriores procedentes de refugallo. Recheo interior algodón sintético hipoalerxénico.
Non apto para menores de 3 anos. Contén botón obtido da semente do eucalipto.
- Descripción
- Valoracións (0)
Descripción
Fixenöeu é unha marca de confección téxtil de bonecos e accesorios feitos, principalmente, con material de refugallo.
Recuperamos todo tipo de prendas que xa non cumpren a súa función para pasar a formar parte de preciosos bonecos e deste xeito darlle outra oportunidade a aquilo que xa non era útil. Reducimos e empregamos de novo cosendo bonitas e orixinais pezas para tódolos gustos.
Inspirámonos na natureza e nos animais, pero tamén nos gusta crear seres imposibles.
Facemos deseños propios pero tamén coa posibilidade de fabricar aquel boneco ou peza coa que soñache. Ponte en contacto connosco e cóntanos.
Cada boneco e único. É moi difícil conseguir dous exactamente iguais xa que ao empregar material de refugallo non dispoñemos de grandes cantidades das mesmas teas.
Creamos todos os nosos artigos a man. Para cosméticos ou para o fogar, empregamos teas sen uso previo, do mesmo xeito cando fabricamos para bebés. Sempre vai indicado en cada produto. Cosemos en Galicia, o noso taller está en Lugo, empregamos materiais mercados, na medida do posible, de orixe local.
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Valoracións
Aínda non hai valoracións.