Salvaslip de tea sen tintes. Modelo Carballo. Fixenöeu
12,00 €
Prezo por unidade
Os salvaslips de tea Fixenöeu son unha alternativa para a nosa menstruación lonxe do desperdicio masivo de residuos que xeramos coas compresas e salvaslips que desbotamos día a día.
As compresas e salvaslips Fixenöeu son 100% artesanais polo que a forma pode variar lixeiramente dun produto a outro. Están deseñadas para durar e acompañarnos durante moito tempo, pero a vida útil tamén vai en función de como coidemos os materiais. Están elaboradas con teas de primeira calidade, polo que é importante seguir os consellos de lavado.
Todas as nosas compresas levan unha tea impermeable e que permite transpirar co que podemos sentirnos seguras e só cambiar a nosa compresa cando a sintamos húmida. Os nosos modelos teñen diferente poder de absorción polo que podemos usar un ou outro en función do día do período no que estamos ou dependendo do noso fluxo menstrual. Sempre temos a opción de fabricar un produto completamente ao teu gusto, así que se precisas algo moi concreto escríbenos a somosfixenoeu@gmail.com.
Tamén son un bo complemento á copa menstrual. Ofrecéndonos a posibilidade de conxugar distintos produtos para a nosa menstruación.
As compresas e salvaslips Fixenöeu levan a tea en contacto coa pel de cor branca para poder deixala completamente limpa e desinfectada dunha vez para outra. Do mesmo xeito, ao non levar tintas evitamos posibles alerxias.
Axustamos as compresas e salvaslips Fixenöeu á braga cun snap. É recomendable utilizar bragas que nos queden axustadas para evitar que se mova, xa que aínda que vai axustada non leva pegamento como as convencionais.
Fabricamos en Lugo, Galicia. Mercamos as teas e compoñentes a nivel local na medida do posible, apostando polo comercio de proximidade.
- Descripción
- Valoracións (0)
Descripción
SALVASLIPS DE TEA SEN TINTES FIXENÖEU
Composición:
Medidas: | Aberto: 16cm x 6cm sen alas
16cm x 16 cm coas alas Pechado: 7cm x 7cm |
Tea contacto coa pel | Flanela 100% algodón branca moi suave. Certificado Gots |
Tea absorbente | Unha capa de moletón 100% algodón |
Tea impermeable | Pul.
Poliéster con laminado interior que a fai impermeable e que permite transpirar. Certificado Oeko-tex 100. |
Tea exterior | Tea de algodón estampada con certificado Gots |
Peche absoluto | Snaps |
Consellos de uso e lavado:
Cando usamos compresas de tea o recomendable é unha vez que a mudamos escorremos completamente o sangue con auga fría. A auga quente faría o efecto contrario ao que queremos, fixando a cor do sangue. Podemos frotar cunha pastilla de xabón as manchas máis marcadas. Cando a auga xa non saia tan sucia, podemos poñer as nosas compresas en remollo nun balde ata que rematemos o período.
Se nos queda algunha mancha persistente podemos recorrer ao Percarbonato de Sodio, Bicarbonato de limpeza ou Auga osixenada.
Podémolas lavar na lavadora en auga a 30◦ , con xabón suave e sen suavizante.
Debemos secar ao aire, e, se temos a posibilidade, secar ao sol. Non hai mellor branqueador.
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Valoracións
Aínda non hai valoracións.