Quen somos?

Vane
A máis emprendedora das tres deu un chimpo dende a montaña lucense e tirando dun fío foi cosendo ilusións en forma de amigos de peluche aos que lles canta cada día.

Marta
Quería ser avogada das máis nobres causas pero deuse conta de que probablemente axudaba máis a facer un mundo mellor dende unha pequena tenda de alimentación con valores. Agora da saltiños de alegría a todas horas.

Paula
Aterra en Bico de Grao no 2022 cunha maleta rechea de aventuras. Educadora social de profesión, políglota e entusiasta, incorpórase a esta familia coa ilusión das que buscan facer algo que perdure, impacte e mellore a contorna.